Nigrán é un territorio rico en Pazos e casas solariegas, o que é testemuño da riqueza da que desde antigo gozou esta zona. Contra o que se adoita pensar, Galicia foi unha terra rica e próspera en tempos anteriores á industrialización, e nos séculos XVII e XVIII, grazas á introdución do millo, quedou á marxe da fame e a miseria que dezmaron a poboación da meseta.
Algúns os Pazos máis importantes do Concello son o Pazo ou Torre ou da Touza, construído no s.XVI por Gregorio Vázquez Ozores, capitán dos Terzos de Flandes, e reformado no s.XVIII. Os seus 400 m2 de superficie adícanse actualmente ao turismo rural. Destaca tamén o Pazo de Cadaval-Urzáiz, un dos máis antigos, pois a súa construción remóntase ao s.XIV por parte de Vasco Gámez de Cadaval, seguidor de Pedro I o Cruel. Moi preto atopamos o Pazo de Cea, declarado monumento histórico artístico. O edificio actual data de principios do S.XIX, aínda que hai rexistros de que alí había unha casa importante xa no s.XVI. Outros pazos que se conservan no municipio son o Pazo de Brito, o de Lamelas e o de Pías ou de Arias, todos eles do s.XVII, aínda que sufriron diversas reformas.