Á tenra idade de 7 anos, Ana Lopez ( Fuengirola,1988) compoñía e cantaba as súas cancións, pero nunca pensou en que a música acabaría sendo a súa vida. A súa extrema timidez nunca a deixou mostrar as súas composicións en público.
Con apenas cumprida a maioría de idade, Annie marchou de Málaga a Madrid para estudar Arquitectura e, animada por amigos que xa escoitaran a súa extraordinaria voz, comezou a subirse ao escenario dos Open Mics e a tocar en pequenos bares de Madrid.
En Maio de 2019, convertida xa nunha das estrelas máis brillantes do universo, Annie publicou o seu cuarto álbum e primeiro en español, que levaba por título Universo por estrenar. Este traballo supón un cambio total respecto dos seus 3 álbums anteriores, pois está composto integramente en castelán e lánzase ao pop perfecto de retrousos infecciosos con arranxos de electrónica retrofuturista e neopsicodelia. Unha marabilla dunha nosas artistas máis internacionais.