Esta banda, liderada por Víctor Cabezuelo e Julia Martín-Maestro, foi dende os seus inicios considerada de culto dentro do panorama independente do noso país. Cunha irresistible enerxía e un son profundamente sofisticado, foxen do evidente e constrúen en cada produción e en cada directo un ambiente de maxia e rock con tendencias cara a unha psicodelia pulcra e altamente adictiva.
Un dos seus mellores traballos, Magnolia, é un alegato en defensa da arte, do amor e da natureza en forma de 10 cancións. Un disco arriscado e ambicioso, marcado en todo momento pola obsesión da banda por perfeccionar o seu son e a profundidade das súas texturas, sempre á marxe das modas e cun mesmo obxectivo na cabeza: crear unha obra única, o máis fermosa posible.