Ponte románica d’A Ramallosa
A chamada Ponte Romana d’A Ramallosa, é en realidade unha ponte de orixe medieval, aínda que no mesmo lugar existía unha ponte anterior polo que pasaba a estrada romana do Itinerario Antonino, un dos máis importantes da antiga Gallaecia. Esta ponte sería destruído por...
Esteiro da Foz
O río Miñor, que descende desde as serras de Aloia e Galiñeiro e escavou durante milenios o val ao que dá nome, verte neste punto o seu caudal e os sedimentos que veu atesourando. Ao abrigo das Illas Estelas, o Monte Lourido e os Illotes das Serralleiras, estas...
Praia América ou Area Loura
Durante o último terzo do S.XIX, coa paulatina industrialización da área viguesa, a conexión por ferrocarril coa meseta e o incremento do tráfico marítimo, vaise consolidando unha nova burguesía urbana vinculada ao comercio, as industrias conserveiras e os estaleiros....
Templo Votivo do Mar e Arco Visigótico
En 1926, durante unhas obras de reforma da desaparecida igrexa de San Xoán de Panxón, descubriuse un arco de ferradura de aparente factura visigoda que formara parte dunha antiga capela dedicada ao Santo Pantaleón, de cuxo nome deriva o topónimo da vila. Aínda que...
Pazos de Nigrán
Nigrán é un territorio rico en Pazos e casas solariegas, o que é testemuño da riqueza da que desde antigo gozou esta zona. Contra o que se adoita pensar, Galicia foi unha terra rica e próspera en tempos anteriores á industrialización, e nos séculos XVII e XVIII,...
Illas Estelas
As Illas Estelas, ou simplemente As Estelas, gardan como dous sentinelas a entrada á enseada de Baiona, aínda que vistas desde terra poderían parecer peóns avanzados das Cíes, que se elevan maxestosas entre as brétemas místicas do horizonte. O pequeno arquipélago das...
Monte Ferro
Situado na parroquia de Panxón, Monteferro domina a paisaxe de todo o municipio. Intérnase 1,5 km no mar, formando unha profunda península que divide os areais de Praia América (antigamente chamada Area Loura, pola súa característica cor dourada) e a Praia de Patos. O...
Praia de Patos
Ao norte de Monteferro ábrese a ampla enseada de Carreira, bordeada polo extenso areal de Patos e o máis pequeno d’As Canas ou O Caranguexo, separada da anterior por varias fileiras de rocas. Cunha lonxitude de 1 km, e máis de 30 m. de anchura, a de Patos -cuxo nome...
Petróglifo das Chouciñas
Nigrán é un dos concellos de Galicia que conta cunha maior abundancia de petróglifos, unha manifestación rupestre típica do noroeste peninsular, especialmente frecuente na contorna das Rías de Vigo e Pontevedra. Estas insculturas, que se adoitan encadrar no período...
Foto: Nigrán, por Contando Estrelas (Flickr) – CC-BY-SA 2.0